Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte

Esta fin de semana celebrarase na Casa de Trillo, en Muxía, unha reunión de traballo á que asistirán axentes de emprego e desenvolvemento local da Costa da Morte, base asociativa da Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local (AFIPRODEL), Rosa Leis, en representación da asociación de desenvolvemento galega ADTERRA e os profesores Ricardo García Mira, da Universidade da Coruña e Rubén Lois, da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta reunión foi organizada co obxectivo de traballar na formulación dun proxecto piloto para desenvolver durante o ano 2012 dentro do eido do desenvolvemento local na Costa da Morte. A proposta que xurda do grupo de traballo será presentada á Dirección Xeral de Promoción do Emprego, cuxo director, Andrés Hermida, en reunións previas con persoal de AFIPRODEL, manifestou a súa vontade de recibir proposicións sobre o tema.

Tense previsto traballar sobre tres liñas prioritarias:

-A coordinación das administracións públicas que traballan nun territorio (oficinas de emprego, extensión agraria, concellos,…)

-Facer visible o traballo das Axencias de Desenvolvemento Local

-Crear territorios proclives ao florecemento da actividade económica

Será este último, o punto principal sobre o que se reflexionará e traballará ao longo destes tres días.

Para máis información:

AFIPRODEL

ADTERRA

Etiquetas:, , , ,

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.