Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Cabo Vilán é un cabo situado en Camariñas presidido polo faro do mesmo nome. Este foi construído en 1890, despois do naufraxio do buque inglés Serpent. De camiño a Serra Leona, un forte temporal provocou o afundimento do navío, que lle custou a vida a 173 mariñeiros. Estes foron enterrados no coñecido como “Cemiterio dos ingleses”, que se atopa en Camelle, moi preto do cabo Vilán.

O faro alcanza os 125 metros de altitude, e posúe un potente canón de luz que alcanza os 55 kilómetros de distancia. Ademais, trátase do faro eléctrico máis antigo de España, e ten a categoría de paraxe de Interese Turístico Nacional dende 1933.

Para acceder a Cabo Vilán hai que seguir a C-552 dende Coruña ata Vimianzo e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Unha vez alí, hai unha estrada que une o corazón da vila co faro. Outra posibilidade é seguir a ruta costeira, un camiño de terra que percorre Arou, Camelle e Camariñas.

Para ir abrindo boca, deixámosvos a continuación un vídeo elaborado por www.galiciamaxica.eu que mostra a fermosura das paisaxes da zona. Agardamos que vos guste!

A %d blogueros les gusta esto: