Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Achégase a fin de semana, e é de supoñer que moitas persoas aproveitarán para xantar fóra da casa. Ademais, a visita do Papa Bieito XVI vai incrementar o número de visitas a Santiago de Compostela, pero tamén á provincia no seu conxunto, polo que a demanda nos establecementos hoteleiros e restaurantes é previsible que sexa moi superior ao habitual.

Así as cousas, hoxe imos adicar unhas liñas aos establecementos de Carnota, onde a oferta é moi ampla e diversificada. Se o que buscas é pasar uns días tranquilo lonxe da rutina cotiá, a Pensión rústica A Laxe e maila Casa rural Xanela da Lúa son dúas boas opcións. Se te decantas por un hotel, os hoteis Areas Bed & Breakfast e La Casona del Abuelo colmarán, a bo seguro, as túas expectativas. A oferta complétase cos hostais A Revolta e Miramar, coa pensión Cachiño e cos apartamentos Playa de Lariño.

Á hora de compartir mesa e mantel e desfrutar da nosa gastronomía, no concello carnotán atopámonos co mesón O noso lar, coa parrillada Fontevella, e cos restaurante A Morada, A Revolta, Casa Crega, Casa Goyanes, O Feitizo e Miramar.

A continuación podedes ver un vídeo de Youtube que nos amosa cómo preparar unha suculenta paella de mariscos, unha das especialidades que se preparan en Carnota.

Antes de despedirnos, gustaríanos recomendar dous portais de Internet. O primeiro é sobre turismo rural (www.ruralguay.com), mentras que o segundo (www.elgastronomico.es) é un blog sobre gastronomía no que poderedes atopar deliciosas receitas, entrevistas, reportaxes e outros contidos.

A vindeira semana visitaremos o concello de Cee, e desvelaremos cáles son os lugares máis apetecibles para pasar a noite ou desfrutar dunha agradable comida.

Non esquezades que podedes deixar as vosas opinións sobre todos estes establecementos.

A %d blogueros les gusta esto: