25 Novembro, 2010 Onde comer? Onde durmir? (V)
Camariñas, Carnota, Cee e Corcubión xa foron obxecto de análise nesta sección, na que tamén desvelamos cómo preparar ó polbo á feira, unha boa paella de mariscos, o caldo galego e unhas apetecibles vieiras con xamón. Hoxe imos dar unha voltiña por Dumbría, e remataremos o artigo amosando cómo preparar os callos ao estilo galego. Decantámonos por esta receita porque durante os últimos días recibimos varias consultas nesta direción e porque, por tratarse dun menú que se ha de degustar quentiño, é propicio para esta época do ano.
Comecemos, pois, visitando o concello de Dumbría. A súa oferta á hora de comer e/ou durmir non é significativa en canto a número de establecementos, pero si en canto a calidade. Destacan as casas rurais Casa de Santa Uxía e Casa Curiña, así como a pensión rústica As Pías e o mesón – pensión residencial O Argentino. Neles poderedes degustar os produtos típicos da Costa da Morte e disfrutar da mellor cociña caseira.
Agora, dado que o prometido é débeda, deixámosvos aquí unha das múltiples recetas que existen sobre os callos, un dos pratos típicos de Galicia.
A vindeira semana deterémonos en Fisterra, vila destacada polas peregrinaxes, pola ampla oferta turística e pola gastronomía, que revisaremos pormenorizadamente.
Ademais, agora que se achega o Nadal, durante as vindeiras semanas publicaremos contidos propios desta época tan especial: receitas para Noiteboa e Fin de Ano, panxoliñas, programación cultural e deportiva na Costa da Morte, etc.
- Deixar un comentario
- Posted under Aloxamentos e Restaurantes, Gastronomía
Deixar unha resposta