1 Decembro, 2010 A artesanía na Costa da Morte: a olería
A olería é, xunto co palillo e co liño, unha das mostras máis representativas da artesanía da Costa da Morte. O mellor exemplo atópase en Buño, no concello de Malpica. Alí podemos atopar auténticas obras de arte que gozan dun enorme prestixio dentro e fóra de Galicia. No portal www.concellomalpica.com/oleria podemos atopar información pormenorizada sobre esta actividade artesanal. Ademais, no seguinte vídeo podemos apreciar o fascinante que resulta modelar con barro figuras de todo tipo.
- Deixar un comentario
- Posted under Uncategorized
Deixar unha resposta