Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Miles de turistas e peregrinos visitan Fisterra cada ano. Algúns deles chegan á nosa terra moi ben documentados sobre os transportes, os aloxamentos dispoñibles, os mellores sitios para comer, etc. Pero a maioría, unha vez en Galicia, non teñen moi claro ónde comer e ónde durmir.

Dende aquí queremos apuntar algunhas propostas, pero non só para eles, senón tamén para calquera persoa que desexe pasar uns días agradables nun dos destinos máis apetecibles da xeografía galega.

En primeiro lugar, os peregrinos deben saber que poden hospedarse no albergue Finistellae.

Unha opción moi recomendable constitúea algunha das numerosas casas rurais que existen no concello fisterrán: Hotel rural Prado da Viña, Hotel rústico Ínsula Finisterrae, Casa Praia do Rostro e Aloxamentos Xoán Bautista.

A oferta complétase cun número considerable de hoteis: Áncora, Dugium, A Langosteira, Playa Langosteira, Finisterre e O Semáforo. A eles súmanse os hostais Mariquito e Nicola.

Á hora de comer contamos cunha ampla gama de locais: Cabo Finisterre, Tira do Cordel, A Lareira, Fin do Camiño, O Trebón, Apalaxa, Calcoba, Don Percebe, Doña Lubina, El Merendero, Finisterre, O Centolo, O Tearrón Calafigueira e Tres Golpes.

Hoxe despedímonos botando xa unha ollada ao Nadal, que está á volta da esquina. Para ir preparando o terreo, deixámosvos aquí unha receita para preparar unhas exquisitas ameixas á mariñeira, así como unha fermosa panxoliña.

Agardamos que as desfrutedes!

A %d blogueros les gusta esto: