9 Decembro, 2010 Onde comer? Onde durmir? (VII)
Unha semana máis, continúamos visitando todos os recunchos da Costa da Morte e averiguando ónde podemos pasar unha noite agradable e ónde podemos disfrutar dunha boa comida. Hoxe diriximos a nosa ollada cara Mazaricos, concello este que non conta cun número elevado de establecementos, pero que está especializado en turismo rural e comidas caseiras. E precisamente aí é onde radica o seu atractivo e a súa fama máis alá das fronteiras da Costa da Morte.
Despuntan neste sector, no do turismo rural, o Hotel rústico Santa Eulalia e mailo Hotel Casa Jurjo. En ámbolos dous, non só podemos pasar unha plácida estancia, senón que tamén podemos deleitar os nosos padais cos manxares que alí se cociñan.
Hoxe pechamos a sección cunha deliciosa receita: boi de mar gratinado. Engadimos, ademais, unha receita para elaborar unha boa bechamel, necesaria en moitos pratos.
- Deixar un comentario
- Posted under Aloxamentos e Restaurantes, Gastronomía
Deixar unha resposta