Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O Dolmen da Piosa atópase no concello de Zas, no interior dunha gran explotación de eucaliptos. Estes dificultan o avistamento do dolmen dende lonxe, sobre todo cando alcanzan un tamaño considerable.

Segundo aparece recollido na páxina web do Concello, o poeta pontecesán Eduardo Pondal consideraba que baixo o Dolmen da Piosa está soterrado o mítico guerreiro celta Brandomil, tal como recollen os seguintes versos:

Arca antiga da Piosa…

debaixo das túas antes

está o valente Brandomil

No seguinte vídeo podemos recrearnos cos detalles desta peza arquitectónica.