13 Xaneiro, 2011 Onde comer? Onde durmir? (IX)
Unha vez pasado o Nadal, no que modificamos lixeiramente os nosos contidos, retomamos a nosa sección habitual dos xoves, sobre aloxamentos e restaurantes. Lembramos que xa pasaron por aquí os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos e Muxía. Hoxe é a quenda de Vimianzo, mentres que a vindeira semana visitaremos o concello de Zas.
No caso vimiancés, proliferan as pensións e mailas casas rurais. Entre estas últimas atópanse Casa Rural Os Batáns, Casa Pastoriza e Casa da Forxa.
As pensións onde podemos aloxarnos e, ademais, saborear un bo menú, son Pensión – Restaurantes Santos, Pensión Quilmes, Pensión – Restaurante Vázquez e Pensión – Parrillada Montevideo.
A oferta de aloxamento complétase co Hostal – Restaurante Pastoriza.
En todos eles, sen necesidade de facer noite, podemos degustar deliciosos pratos. Á hora de xantar ou cear, tamén podemos facelo no mesón A Lagoa; nas parrilladas Edreira e París, e nos restaurantes Montreux 2, O Castillo, Pareisales, Vía Rápida e Casa Sabina. Segundo a relación calidade-prezo, queremos destacar aquí o bo facer de Vía Rápida e Casa Sabina, dous dos establementos de maior sona dentro e fóra do municipio.
Hoxe pechamos a sección cunha nova proposta de receita, que se caracteriza por ser económica, sinxela (aínda que laboriosa) e, sobre todo, moi saborosa. Bo proveito!!!
- Deixar un comentario
- Posted under Aloxamentos e Restaurantes, Gastronomía
Deixar unha resposta