Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A igrexa de San Xulián de Moraime é un templo medieval do século XII situado na parroquia de Moraime, que pertence ao concello de Muxía. Antigamente formaba parte dun mosteiro. Malia que este foi fundado no século XI, o edificio actual data do século XII, e foi construído grazas á aportación do rei Afonso VII de Castela, quen favoreceu a Moraime en agradecemento polos servizos que o abade Hodorio e os seus antecesores lle prestaran mentres estivo refuxiado neste mosteiro, cando as loitas entre os seus partidarios e os da súa nai Dona Urraca.

A decadencia do mosteiro comezou no século XIV, por mor dos constantes saqueos por parte da pequena nobreza rural.

Ata 1489 dependeu do mosteiro de San Martiño Pinario. Nese ano, por orde dos Reis Católicos, pasou a mans do Real Mosteiro de San Bieito de Valladolid.

O seguinte vídeo amosa os exteriores da igrexa e mailos restos do mosteiro.

Ademais, aproveitamos a ocasión para ampliar os nosos coñecementos en materia de historia a través do seguinte vídeo, que repasa cómo era o día a día nun mosteiro medieval.

A %d blogueros les gusta esto: