29 Marzo, 2011 Xa está aquí a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’
Despois de varios meses de traballo, onte conseguimos rematar a ‘Guía turística do GDR Costa da Morte’, e hoxe poñémola xa á vosa disposición. Nela poderedes atopar a máis completa información sobre espazos naturais, monumentos, museos, restaurantes e outros aspectos relativos á Costa da Morte. Dende aquí queremos darvos as gracias a todos os que colaboráchedes con propostas e fotos. Tamén queremos convidarvos a botarlle unha ollada ao documento, xa que estamos abertos a comentarios e valoracións que nos axuden a mellorar de agora en diante.
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Aloxamentos e Restaurantes, Deportes, Eventos, Festas, Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
Deixar unha resposta