Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Seguindo o fío temático aberto na anterior entrada, hoxe falamos do proxecto “Nuevos Horizontes” de cooperación interterritorial ao que está adherido o GDR Costa da Morte. Neste proxecto participan os grupos de desenvolvemento rural de Ordes, Mariña-Betanzos, EuroEume, Bergantiños, Costa Noroeste, Ancares-Courel, Terras de Lugo, Terras do Deza, O Salnés e Monteval-pola parte galega- e os de Navia-Porcia e Bajo Nalón pola parte asturiana.

O obxectivo xeral consiste en impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas producións demandadas polos mercados. Para iso identificase, ensaiase e difúndense cultivos tradicionais e novas produccións que poidan xerar emprego agrario, conectando estas produccións con demandantes de emprego e cos mercados obxectivo.

Un dos problemas que se pretende atallar é o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos produtos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rentas agrarias a través da diversificación.

Por outra parte, hai cultivos como o lúpulo, physalis, trigo serraceno e kamut, entre outros, que aínda sendo novidosos en moitos territorios, demostraron ter un especial interés económico polos mercados especializados e a demanda existentes. O proxecto conta con financiación do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino para a súa execución dende o pasado 2010 ata o 2013.

Podedes atopar máis información:

http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com/

Boletín Outubro

Etiquetas: ,

%d bloggers like this: