25 Outubro, 2011 Coñecendo a costa: Turismo Mariñeiro
Visitar Galicia implica visitar o seu mar e coñecer a rica e vasta cultura mariñeira que forma parte indivisible do noso pasado, presente e futuro. Por iso, o turismo mariñeiro é unha boa proposta para achegarse e coñecer un pouco máis en profundidade as ricas tradicións, gastronomía, embarcacións, e, en definitiva, costumes que marcan as vidas das xentes da costa.
O turismo mariñeiro é definido na Lei 11/2008 de 3 de decembro de Pesca de Galicia como aquelas “actividades desenvoltas polos colectivos de profesionais do mar, mediante contraprestación económica, orientadas á valorización e a difusión do seu traballo no medio mariño así como as costumes, tradicións, patrimonio e a cultura mariñeira”.
Sen embargo, esta definición contempla unha gran variedade de actividades que se inclúen dentro da tipoloxía de turismo mariñeiro. Dende a participación nas xornadas laborais dos pescadores ata as rutas turísticas polos diferentes portos e lonxas da zona. Así, os visitantes poderán descubrir como se cultivan os berberechos; mergullarse no rebumbio dunha lonxa de peixe e coñecer o sistema de poxa; pasear polos distintos portos e adentrarse nos bares e tascas onde se reúnen os pescadores tras unha xornada de pesca ou coñecer os característicos faros que se constitúen en fermosos guías e piares da paisaxe da nosa costa.
Aquí presentamos unha pequena recopilación de interese sobre recursos e lugares que paga a pena visitar para sumerxirse de cheo na cultura mariñeira dos concellos integrados no GDR.
Mar de Lira
-Ofrece xornadas de pesca cos mariñeiros. Existe a posibilidade de embarcar e observar como desenvolven a súa actividade.
-A través da Ruta das Mariscadoras, os visitantes teñen a posibilidade de coñecer un pouco máis sobre o traballo destas mulleres e as zonas onde o desenvolven.
-Visita guiada á lonxa, onde os asistentes terán a oportunidade de presenciar unha poxa á maneira tradicional e outra electrónica.
-Rutas temáticas pola vila.
Caseta Pepe do Cuco
-Caseta tradicional de mariñeiros que acolle unha pequena exposición sobre a historia do porto, embarcacións tradicionais e artes de pesca e marisqueo.
Contacto: Cofradía de Pescadores de Lira-Carnota: 981 761 252/ 636 294 796-info@mardelira.net-www.mardelira.net
Lonxa de Fisterra
A Cofradía de Pescadores de Fisterra ofrece a posibilidade de visitas guiadas. Ademáis a lonxa conta con unha sala de exposicións sobre a pesca en Fisterra.
Contacto: 981 740 379/ 981 740 079- cofradia@cofradiafisterra.org
Pescando onde o solpor
-Visitas guiadas pola contorna, coñecendo as principais instalacións relacionadas coa actividade pesqueira de Fisterra.
-Achega aos visitantes ao mundo do mar a través de obradoiros que se organizan sobre os saberes mariñeiros, así como a sensibilización sobre a pesca artesanal.
Castelo de San Carlos (Museo da Pesca)
-Situado no Castelo de San Carlos do século XVIII conta con paneis explicativos sobre a pesca en Galicia, a caza de baleas, os naufraxios na Costa da Morte, refráns e lendas mariñeiras…
Contacto: 981 740 707/ 981 740 079- museodepesca@museodepesca.com-www. museodepesca.com-Web
Programa Pindo Mariño (Carnota)
-Ofrecen a posibilidade de participar en talleres temáticos de nudos e redes, pesca responsable, elaboración de sardiñas curadas e consumo de pescado e mariscos.
Ruta de Caldebarcos
-Visita das instalacións relacionadas coa actividade pesqueira e marisqueira.
Ruta de Fornelo
-Partindo do Muelle do Sinal visítase a Praia de Fornelo e as antigas furnas, así como a vista panorámica da zona.
Ruta do Porto de Quilmas
-Visita ao porto e muelle de Quilmas, así como ás casetas de pescadores e ás antigas fábricas de salgado.
Contacto: 981 764 815/ 667 393 173-carmenm.mendoza@gmail.com- web
Centro de interpretación dos naufraxios, faros e señais marítimas da Costa da Morte
-Situado no faro de Cabo Vilán (Camariñas), un dos principais faros da costa galega.
Contacto: 670 292 720-asociacion@neria.es- web de neria
Museo do alemán de Camelle (Camariñas)
-Este museo ao aire libre foi creado por Man, un alemán que chegou a Camelle fai máis de trinta anos e deixou a súa pegada no lugar en forma de obra de arte.
Contacto: info@camarinas.net
Museo Fotográfico de Ramón Caamaño
-O museo recolle retratos das diferentes vilas da Costa da Morte con escenas da vida cotiá dos mariñeiros, mariscadoras, embarcacións, naufraxios…
Dirección: rúa Matadoiro, 12 Muxía-A Coruña
Museo Marítimo de Corcubión
contacto: 981 745 410- museoseno@gmail.com
Outros lugares de interese
Faros: Faro das Illas Lobeiras (Cee); Faro de Cabo de Cee (Fisterra); Faro de Cabo Fisterra; Faro de Cabo Touriñan (Muxía); Faro de Cabo Vilán (Camariñas); Faro de Punta Ínsua ou de Lariño (Carnota);
Portos: Camariñas, Camelle, Fisterra, Muxía, Portocubelo e o Porto do Pindo (Carnota)
Casas mariñeiras en Ézaro (Dumbría); Casas Mariñeiras de Fisterra; Bar do Porto do Pindo; Conxunto histórico de Corcubión; Faro de Punta da Barca (Muxía); Faro de Punta do Lago (Muxía); Cemiterio dos Ingleses (Camariñas); Santuario da Virxe da Barca e Pedras da Barca (Muxía).
Para máis información:
Etiquetas: turismo alternativo, turismo mariñeiro
- Deixar un comentario
- Posted under Natureza, Ocio alternativo, Uncategorized
Deixar unha resposta