25 Outubro, 2011 Por un turismo responsable e sostible
Nas anteriores entradas propuxémosvos alternativas de turismo diferentes e respectuosas co medio. E isto é algo no que debemos incidir. Podemos desfrutar dos recursos que nos ofrece a natureza de unha forma responsable e sen xerar un impacto negativo no entorno. Faise imprescindible que reflexionemos sobre a importancia dun turismo responsable á hora de viaxar.
O turismo responsable valora a sustentabilidade dos recursos naturais, o impacto sobre os valores culturais e os efectos sobre a economía da poboación local. Tamén busca a eficiencia enerxética, a non xeración de contaminación e residuos, o traballo digno, accesibilidade para persoas con discapacidade e información suficiente para o consumidor.
O turismo responsable avoga por unha conciencia ecolóxica e unhas actitudes éticas, responsables, respectuosas, sinxelas e non consumistas. Preténdense xerar recursos ás comunidades locais, a curto e longo prazo; xerar ingresos para a conservación e rehabilitación de ecosistemas e patrimonio e loitar por evitar impactos indesexables como o dumping inmobiliario.
Turismo e desenvolvemento rural
O turismo é un motor de desenvolvemento, sempre e cando se contemple dende este punto de vista. No contexto rural marcase o obxectivo de buscar a complementariedade do turismo cos sectores productivos agropecuarios e pesqueiros, e non a súa substitución. Así, nas zonas rurais, e como veñen comentando J. Gascón e E. Cañada, o turismo debe integrarse dentro de unha estratexia a favor da soberanía alimentaria. Isto leva consigo a denuncia das actividades turísticas que limitan o acceso das comunidades campesiñas e pesqueiras aos recursos necesarios para a producción de alimentos para o autoconsumo e/ou ao mercado rexional. Por outro lado, supón valorar que un turismo xestionado e controlado polo campesiñado poida contribuír a consolidar a súa economía, e, deste xeito coadxuvar o mantemento do campesiñado como productor de alimentos e xestor do territorio.
Recursos online sobre turismo responsable:
Documentos varios (para descargar) sobre turismo responsable e desenvolvemento
Etiquetas: turismo responsable, Turismo sostible
- Deixar un comentario
- Posted under Natureza, Ocio alternativo
Deixar unha resposta