Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Mazaricos acolle un ano máis dúas xornadas moi interesantes para todas as persoas que se adican á gandaría. O próximo 26 de Novembro terá lugar na Casa da Cultura de A Picota a III Xornada Técnica do Sector Lácteo. O evento, que comezará ás 9.30 horas contará con ponencias de varios profesionais na materia. Irma Villanueva García, doutora en Veterinaria,  falará da importancia dun bo secado. Manuel Rondón Fernández, xefe de producto vacuno leiteiro de Nutreco explicará os novos avances na alimentación e manexo das terneiras de reposición.

Na Xornada tamén estará Fernando Sáinz de la Maza, Secretario Executivo da Organización de Productores Lacteos, OPL. De la Maza fará unha presentación desta asociación integrada por gandeiros productores de leite que ten por obxectivo a negociación dos prezos do leite coas industrias lácteas e intermediarios, ao amparo do novo marco legal europeo e nacional.

Sergio Calsamiglia, catedrático da Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona, exporá novas propostas para o manexo no período de secado e transición. Para rematar, terá lugar unha mesa redonda que pretende analizar a situación actual e perspectivas de futuro do sector lácteo. A clausura, ás 14.30 horas, correrá a cargo do Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

V Poxa de Xovencas

O 27 de Novembro, completando a Xornada do Sector Lacteo, terá lugar no Polideportivo de A Picota, tamén no Concello de Mazaricos, a V Poxa de Xovencas. O sábado 26  ás 10 da mañá comezarase coa entrada dos animais ao recinto anexo ao polideportivo. Pola tarde comezará a exposición de xovencas. O 27 a partir das 11 da mañá comezará a poxa. Hai unha subvención de 150 euros por cada xovenca comprada. Ademáis, agasallarase a cada comprador con 3 doses de “Xacobeo”, 3 de “Boer”  e 10 rifas para participar no sorteo dunha tenreira.

As inscricións poden facerse no teléfono 981867104, na web  ou enviando un correo electrónico a xornadamazaricos@gmail.com. Tedes ata o 22 deste mes para anotarvos. Hai aforo limitado a 250 persoas.

Programa

Etiquetas: , , ,

%d bloggers like this: