Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O vindeiro martes, 22 de Novembro terá lugar en Carnota a Xornada de Presentación do Proxecto de Cooperación “Nuevos Horizontes”. O evento, que terá lugar no Salon de Actos do concello, comezará ás 18.00 horas cunha presentación a cargo de Diego Miranda Barrós, técnico de proxectos da Universidade de Santiago de Compostela e que forma parte da Secretaría Técnica doproxecto.

Na xornada participará Domingo Lojo Caamaño, xerente da Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, ASDECOMOR,  o GDR  encargado de coordinar este proxecto. José Antonio Vila García, xerente da Asociación Costa da Morte GDR, que está adherida a Nuevos Horizontes, estará tamén presente no acto. O evento está dirixido a todas as persoas interesadas en coñecer máis a fondo o funcionamento do proxecto.

NUEVOS HORIZONTES

Neste proxecto participan os grupos de desenvolvemento rural de Ordes, Mariña-Betanzos, EuroEume, Bergantiños, Costa Noroeste, Ancares-Courel, Terras de Lugo, Terras do Deza, O Salnés e Monteval-pola parte galega- e os de Navia-Porcia e Bajo Nalón pola parte asturiana.

O obxectivo xeral consiste en impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas producións demandadas polos mercados. Para iso identificase, ensaiase e difúndense cultivos tradicionais e novas produccións que poidan xerar emprego agrario, conectando estas produccións con demandantes de emprego e cos mercados obxectivo.

Un dos problemas que se pretende atallar é o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos produtos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rentas agrarias a través da diversificación.

Etiquetas:

%d bloggers like this: