Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O Concello de Camariñas, a través da Concellería de Educación, Cultura e Deportes, organizou para o próximo domingo, 4 de Decembro unha xornada de Sendeirismo. O percorrido será pola senda costeira, que ofrece unhas das vistas máis fermosas da Costa da Morte. Partirá ás 10.00 horas do paseo marítimo, subindo polo “Areal” e continuando pola pista de Mourín cara a Pedrosa, que será o primeiro punto de parada para comer algo e recobrar forzas.

Despois do pequeno descanso, continuarase pola senda costeira cara a Virxe do Monte , dirección Praia de Lago, onde se fara outra parada. Para finalizar, seguirase ata o Castelo do Soberano e de novo volta ao paseo marítimo.O percorrido, que ten 10 quilómetros de lonxitude, durará aproximadamente tres horas.

A actividade está dirixida a persoas a partir de 7 anos, aínda que os menores de 16 deben ir acompañados por un adulto. Todo aquel que queira participar non ten máis que incribirse chamándo ao Departamento de Deportes do concello (981 73 60 00 e 669 841 698). O prazo remata o 25 de Novembro.

Etiquetas:

%d bloggers like this: