Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Os Batáns de Mosquetín constitúen un dos principais tesouros etnográficos que alberga o Concello de Vimianzo. Situados á beira do río Grande, na parroquia de Salto,  esta construcción ofrécenos unha clara imaxe do funcionamento, costumes e labores de antano nun escenario natural de incomparable fermosura.

Este conxunto, composto por tres batáns, sete muíños e canles de auga, era empregado antigamente para moer cereais e preparar o liño, unha industria que chegou a ter unha gran importancia na zona. O liño abatanábase para darlle máis consistencia á teas, agrupando máis fíos de liño, aínda que os batáns tamén se empregaban para abatanar as mantas de la.  Actualmente, só funciona un dos batáns.

Os batáns son máquinas impulsadas pola forza da corrente da auga, que fai mover unha roda que ao mesmo tempo activa os mazos cos que se golpeaban os tecidos que se quixesen compactar. Na visita aos Batáns de Mosquetín, temos a oportunidade de ver en vivo o funcionamento destes aparellos, así como desfrutar dunha paisaxe natural caracterizada polos sons da auga, e o verde da abundante e variada vexetación que hai na zona.

Como chegar: pola carretera que vai cara Carballo, antes de chegar a Baio veremos un cartel á man esquerda que nos indica o desvío.

Etiquetas: , ,

%d bloggers like this: