Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Estes días de mal tempo botan por terra calquera plan ao aire libre. Sen embargo, é unha oportunidade única para visitar a fervenza de o Ézaro, no Concello de Dumbría. Coas intensas chuvias temos a oportunidade de desfrutar da fervenza en toda a súa magnitude. De feito, Ferroatlántica, a compañía propietaria do embalse de Santa Uxía, está obrigada a abrir as comportas dende o pasado mes de abril, ante a denuncia pola inexistencia de caudal presentada por un colectivo ecoloxista, Ríos con Vida e que rematou coa resolución favorable da Xunta.

A ÚNICA QUE DESEMBOCA AO MAR

O Xallas é o único río de Europa que desemboca en caída ao mar, unha peculiaridade que paga a pena ter a oportunidade de ver en directo estes días. Ademais dende o mirador do Ézaro podemos apreciar a fermosura dunha paisaxe incomparable : o cabo de Fisterra; o pobo do Ézaro e a súa praia e as moles graníticas do Monte  Pindo e do Monte Peñafiel.

Rematamos cun vídeo deste impactante espectáculo natural:

Etiquetas:

%d bloggers like this: