24 Novembro, 2011 De tapas por Muxía
O Concello de Muxía organiza un ano máis o seu concurso de tapas. Esta terceira edición, que se celebrará os días 10, 11, 17 e 18 de Decembro pretende potenciar o turismo e a restauración local no concello.
Todos os establecementos adicados á restauración do municipio poden participar elaborando unha tapa. As bases permiten escoller os ingredientes e a modalidade culinaria: creativa ou tradicional, se ben hai unha soa categoría na que competir.
Aquelas persoas interesadas poden incribirse gratuítamente ata o 29 de novembro presentando este formulario descargable no concello. No documento tamén podedes atopar información completa sobre as condicións, modo de participación, modalidade de votación ou criterios de valoración.
O establcemento gañador recibirá unha placa/ diploma honorífico e o concello comprométese a facer público o resultado do concurso na prensa e páxina web, o que supón publicidade gratuíta para o local gañador.
Etiquetas: Concurso de Tapas, Muxía
- Deixar un comentario
- Posted under Actualidade, Aloxamentos e Restaurantes, Festas, Gastronomía
Deixar unha resposta