Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR–presidida por Manuel Muíño- aprobou na súa Xunta Directiva, celebrada onte, 24 de novembro, un novo proxecto  e revisou dez máis. Tamén se aprobaron os presupostos de gastos de publicidade e promoción e os de funcionamento para o ano 2012.

O proxecto aprobado en reserva é o da creación dunha panadería artesanal en A Picota (Mazaricos). O orzamento ascende a 185.664 €, e o importe da axuda sitúase nos 81.321 €, o que supón un 43,8% sobre o total.

Este proxecto conta coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e foi aprobado pola Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte GDR.

Proxectos Revisados:

Revisáronse os seguintes proxectos: “Instalación de un novo equipo de anestesia en clínica veterinaria” (Cee); “Compra de novo equipo forestal de saca de madeira” (Pasarela/ Calo-Vimianzo); “Compra de autocargador forestal” (Berdoias-Vimianzo); “Adquisición de maquinaria para o servizo de recheo de cubículos gandeiros” (San Cosme de Antes-Mazaricos); “Ampliación de carpintería de madeira” (Meanos – Zas); “Ampliación panadería” (Vimianzo); “Mellora e modernización dunha empresa agraria” (Vimianzo); “Modernización, incorporación de novas tecnoloxías, melloras e estudos da xestión dunha cooperativa de recría en conxunto de novillas frisonas” (Antes-Mazaricos); “Ampliación de instalacións para almacenaxe de forraxe e melloras tecnolóxicas” (Antes-Mazaricos) e “Adquisición dun carro mesturador autopropulsado” (Salto-Vimianzo).

O montante total de inversión admitida destes 10 proxectos é de 1.450.102,5 €, e a subvención prevista ascende a 609.941,29 €.

Estes dez proxecto foron enviados a AGADER e agora estase á espera de recibir a verificación do ICE.

A Xunta Directiva tamén aprobou o presuposto de gastos de funcionamento para o ano 2012 por un importe de 88.237,57 euros. Do mesmo xeito, tamén se aprobou a previsión de gastos de adquisición de capacidades e promoción do territorio do GDR para o próximo ano, por un importe de 22.059,39 euros.

O presidente da asociación, Manuel Muíño, informou que con cargo á subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar, se contratou a unha persoa para a realización do servizo de promoción económica e turística do territorio do GDR. Muíño tamén informou da concesión dunha subvención por parte da Deputación da Coruña para actividades de promoción turística e económica por un importe de 2.996,42 euros. Para concluír, acordouse a participación da Asociación Costa da Morte GDR no Foro da Costa da Morte, que este ano se celebrará en Vimianzo.

Etiquetas:

A %d blogueros les gusta esto: