Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Costa da Morte levántase hoxe polo Día Internacional contra a violencia de xénero. Son numerosos os concellos integrados no GDR que teñen preparado para este fin de semana actos oficiais e actividades encamiñados a denunciar e concienciar sobre todos os tipo de violencia machista contra as mulleres.

En Camariñas teñen organizado para hoxe unha marcha-concentración que partirá ás 20.00 horas da Praza do Concello. Tamén se ten preparada unha ofrenda floral para as víctima mortais da violencia machista. En Cee tivo lugar esta mañá unha concentración ás 12.00 na praza do concello. Tamén se fixeron públicos os premios do “IV Concurso de carteis contra a violencia de xénero 2011” . Esta tarde, e para completar a xornada, haberá unha representación teatral da compañía Forma Teatro. Ademáis, o 1 de decembro ás 12.30 horas presentarase no Salón de Actos do concello o video gañador do I Concurso de Guións Cinematográficos na Sesión Cine nas aulas para a prevención da violencia de xénero, no que participou o alumnado de ESO dos institutos do municipio.

A Asociación Buserana de Cee tamén ten organizados diversos actos. Baixo o lema “Cambiar o mundo, para acabar coa violencia machista” o colectivo de mulleres preparou unha concentración para hoxe a partires das 20.00 horas na Praza 8 de Marzo. Mañá, Carmen Adán, participará ás 20.00 horas nunha mesa redonda que se celebrará no Salón de Plenos do concello.

En Corcubión, ademáis da concentración de hoxe ás 12.00 e a charla sobre autoestima e interioridade de onte, teñen organizado para as 20.00 horas a presentación do libro “Rosalía de Castro: estranxeira na súa patria. A persoa e a obra de onte a hoxe” de Francisco Rodríguez.

En Vimianzo,  o alumnado do IES Terra de Soneira formou onte unha cadea humana, acompañados polo profesorado, persoal técnico de servizos sociais e a Concelleira de Benestar Social, María Xosé Ramos. A cadea humana fixo un percorrido dende o instituto ata a praza do concello, onde o alcalde, Manuel Antelo, leu un manifesto de denuncia da violencia machista.

Aínda queda moito camiño por percorrer, e  con datos como os que estes días nos ofrecían estudos sobre a pervivencia dos roles de xénero e estereotipos machistas nas novas xeneracións, debemos ter claro que a loita contra todos os tipos de violencia machista debe ser exercida todos os días. E por todos os tipos entendemos tamén a violencia simbólica, aquela que nos custa máis identificar por ser máis sutil pero que se exerce con todas as súas consecuencias dende os medios de comunicación, a publicidade, a sociedade…

Aquí vos deixamos uns videos da ONG Acsur Las Segovias elaborados de xeito participativo por colectivos de mulleres.

Mujeres camino from Acsur Genere on Vimeo.

Varón/mujer: algo difícil de entender from ACSUR – Las Segovias on Vimeo.

Etiquetas:

%d bloggers like this: