Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O sancosmeiro é unha desas prendas características da indumentaria popular que se foi transmitindo de xeración en xeración. Este sombreriro de palla, cunha orixe que se remonta séculos atrás, tamén encerra toda unha forma de vida e un oficio: a dos cesteiros e cesteiras, persoas que ademáis do traballo do agro, complementaban a súa actividade coa realización destes “chapeus”.

O proceso de elaboración é laborioso e moi variado. O primeiro paso é a recolección da palla, de trigo ou centeo, que posteriormente se clasifica por grosores e se limpa. Co material de traballo xa disposto comeza o proceso de tecido. Para iso, humedécese a palla para facela máis flexible durante o trenzado, no que se poden empregar tres ou máis pallas. As trenzas resultantes fíxanse facendo unha especie de nó retorcido a partir do cal se comenza a entrelazar formando liñas.

Para rematar, e a modo de adorno, engádeselle unha cinta negra que ribetea o aba, outra cinta da mesma cor, pero máis ancha para a copa, os cabos que caen e o característico “caravel” con forma de lazo ou flor.

O sancosmeiro-chamado así por ser orixinario da parroquia de San Cosme de Antes-empregábase tanto para cubrirse dos raios do sol como da chuvia gracias á súa ampla aba.

Na mostra de Artesanía en Vivo do Castelo de Vimianzo temos a oportunidade de apreciar unha parte do seu proceso de elaboración, ademáis de outras labores artesanais como a cestería, liño ou encaixe de bolillos. Aquí podedes consultar os horarios de apertura.

Fonte:

Concello de Mazaricos

Etiquetas: , , , , ,

%d bloggers like this: