Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A pesares de que o tempo non acompañe hoxe, queremos facervos unha proposta alternativa para o desfrute do tempo libre: deportes de aventura. E os concellos que conforman o GDR ofrecen un escenario natural perfecto para o desfrute deste tipo de actividades. Estas soen contratarse a través de paquetes turísticos que ofertan algunhas empresas especializadas.

Naturmaz é unha empresa dedicada á organización de actividades de aventura no Concello de Mazaricos. A oferta de actividades é moi variada: paintball; tiro con arco; rutas a cabalo; escalada; sendeirismo; BTT, Kayaks; ultralixeiros ou paramotor.

Algunhas das actividades máis atractivas que ofrecen son por exemplo o bautismo aéreo en ultralixeiro, que durante 20 minutos nos permite sobrevoar o entorno do encoro da fervenza. Os máis atrevidos poden optar por unha viaxe en paramotor, suspendidos no aire, desfrutando de fortes emocións e vistas de gran fermosura. Para consultar prezos e actividades podedes visitar a súa web.

Outra empresa especializada en este tipo de actividades é Galicia Incoming.Tamén ofrecen unha ampla variedade de actividades divididas en atractivos paquetes de varios días. Unha delas consiste en unhas xornadas de sendeirismo pola “Senda Verde”, un roteiro de 15 km que comeza en Louredo (Carnota) e remata en Lira. Outro dos seus paquetes turísticos inclúe un percorrido polos lugares menos explorados de Corcubión, acompañados de un guía. Os máis aventureiros poden desfrutar do descenso de barrancos pola desembocadura do Xallas ou de actividades como o paintball. Para obter máis información podedes visitar a súa web.

Etiquetas: , ,

%d bloggers like this: