Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Esta fin de semana imos poder desfrutar de numerosas actividades culturais que nos ofrecen os concellos do GDR. Hoxe a partires das 20.30 horas proxectarase na Casa da Cultura do Concello de Vimianzo o filme “Finisterre” do director Xavier Villaverde, que para a súa realización contou co asesoramento artístico e aportacións de cadros e esculturas do artista vimiancés Antón Mouzo, ao que se lle ven rendindo homenaxe cunha exposición-que permanecerá aberta ata mediados de mes- na Casa da Cultura. Para completar a oferta cultural do concello, o domingo ás 18.30h terá lugar tamén no Auditorio da Casa da Cultura, o espectáculo “Dous pallasos en apuros” . Fran Rei e Pedro Brandariz dan vida neste show a unha gran variedade de persoaxes aloucados, que pretenden conectar co público a través dun humor que é unha homenaxe aos números clásicos dos pallasos de circo. A entrada e de balde.

O Concello de Fisterra, dentro do seu programa “Nadal Cultural” inaugura mañá a Mostra de Artesanía no Faro de Fisterra, unha exposición que estará dispoñible ata o 11 de Decembro en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00. Hoxe pola noite, no concello, tamén podemos desfrutar do concerto de Professor Turnes & Rafa Mississippi a partires das 23.30 no Boulevard Louge de Fisterra. A entrada é de balde e o concerto completarase cunha proposta audiovisual creado para a ocasión.

No Concello de Zas comezan hoxe as Aulas na Costa da Morte. As Torres do Allo acollerán a partires das 18.30 horas a presentación desta iniciativa en prol da sustentabilidade social e o desenvolvemento local. Ricardo García Mira, Profesor Titular de Psicoloxía Social e Ambiental da Universidade da Coruña comezará facendo unha pequena presentación do ciclo. Acompáñano Diego Calvo, Presidente da Deputación Provincial da Coruña, Xan García Pouso, Secretario da Asociación Neria e Manuel Muíño, Alcalde de Zas e Presidente da Asociación Costa da Morte GDR.

Ás 19.00 horas comezará a ponencia de Ramón Máiz Suárez, Catedrático de Ciencias Políticas da USC; Rosa Sánchez, ADL no Concello de Vimianzo; José Leira López, Profesor de Socialoxía da UDC e Xosé María  Lema Suárez, Presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. A conferencia xirará entorno ao turismo, patrimonio e acción política.

Para rematar, mañá a partires das 23.00 horas na cervexería Noha de Ponte do Porto, temos unha cita co jazz e fusión funk que nos propoñen Anxolíticos Band.

Fonte:

Quepasanacosta

Concello de Fisterra

Etiquetas: , , , , , ,

A %d blogueros les gusta esto: