Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Xa chegou o Nadal. Ou iso podemos xulgar polos innumerables “papa noeis” pendurados das ventás, da iluminación das rúas, dos escaparates decorados con árbores e luceciñas de cores intermitentes…E co Nadal tamén chega ese impulso consumista que semella irrefreable de afrouxar a carteira e mercar, mercar e mercar. E xa postos, por que non apostar polo comercio local?

No actual contexto de crise o comercio local é un dos sectores máis castigados. Non nos debe estraña, se pensamos na sobreabundancia e masificación de esas novas urbes nas que se teñen convertido ultimamente os grandes centros comerciais. A cuestión é como incentivar o pequeno comercio de proximidade. Os pequenos comerciantes de moitos dos concellos da Costa da Morte parecen telo claro: con campañas atractivas e moita imaxinación.

A fin de semana que ven, os días 17 e 18, celebrarase no polideportivo do Concello de Vimianzo unha feira de regalos. Haberá postos de venta de libros, bixutería, roupa e outros obxectos de regalo. Os nenos e nenas poderán desfrutar con diferentes actividades ao longo da xornada: concursos de Wii e Play Station, talleres ou inchables. A entrada é totalmente gratuíta.

O novidoso da campaña é que a partires do luns, por compras superiores a 25 euros, entregaráselle a cada cliente un vale para un menú composto por raxo, castañas, viño e café. Ademais os socios da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Vimianzo (Asemvi) entregarán por cada compra, durante toda a campaña, rifas para participar no sorteos de vales de compra de 100, 200 e 250 euros.

Do mesmo xeito os comercios de Camariñas ofrecerán con cada compra, papeletas para o sorteo de vales de compra por valor de 200, 400 e 700 euros. En Corcubión, tamén se sortearán tres vales de 400, 300 e 100 euros, así como outros dous por valor de 50 euros.

Fonte:

La Voz de Galicia

Etiquetas: , , , ,

A %d blogueros les gusta esto: