13 Decembro, 2011 Oito rutas para desfrutar do noso patrimonio
Non necesitamos viaxar tan lonxe para descubrir recunchos inesperados, fermosas paisaxes ou tesouros arquitectónicos. Temos a sorte de poder desfrutar dunha terra chea de contrastes, de cores, de penedos con historia e iluminada pola luz dos faros.
E pensando en toda a riqueza natural, histórica e cultural do noso territorio, o GDR Costa da Morte, fai uns meses, sacou á luz a “Guía turística do territorio GDR”. A través de oito rutas* que percorren o territorio dos concellos integrados no GDR, podemos desfrutar das impresionantes vistas dende o Monte Pindo, descubrir o “fin do mundo” no Cabo Fisterra ou coñecer un pouco máis a fondo os costumes e oficios de antano nos Batáns de Mosquetín.
A proposta pretende ser sinxela: unha guía breve e manexable, que destaca aqueles puntos de especial interese e que paga a pena descubrir ou volver a visitar.Neste enlace podedes descargarvos a guía e comezar a pensar que aventura vos gustaría emprender. De seguro que a desfrutaredes.
*As rutas que recolle a guía son: ruta megalítica, ruta da paisaxe, ruta da fábrica da luz, ruta do románico, ruta xacobea, ruta da Virxe da Barca, ruta dos penedos e a ruta da luz.
- 1 comentario
- Posted under Historia, Monumentos, Natureza, Ocio alternativo
Permalink #
carolinalaya
said
É incríble todo o que nos ofrece a nosa terra.
Unha aperta
http://carolinalaya.wordpress.com/