Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Esta fin de semana temos unha recua de actividades á nosa disposición. E moi variadas. Hoxe os máis pequenos van poder desfrutar dun espectáculo de títeres da man de Danthea Teatro no CEIP Labarta Pose de Zas a partires das 16.00 horas.

Mañá poderemos achegarnos a Muxía para asistir ao recital dos poetas da Costa da Morte. Presentado por Rosalía Fernández Rial, o evento contará coa presenza entre outros de Paco Souto, Miguel Mato, Paco de Tano, Rivadulla Corcón, David Creus, Suso Bahamonde e María Lado. A partires das 19.45 no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía. En Fisterra teñen organizado para mañá a partires das 11.00 horas no Salón de Actos do Concello, unha sesión de contacontos. En Cee temos unha cita co teatro. A partires das 20.00 horas no Salón de Actos do Concello comezará a obra “Bancagare sucursal nº 13” da Compañía Badius Teatro.

O domingo rematamos con teatro tamén. A cita habitual a partires das 20.00 horas na Casa da Cultura do Concello. Nesta ocasión para asistir ao espectáculo de Candelexas, “En busca da chacha perdida.

Etiquetas: , , , , ,

A %d blogueros les gusta esto: