Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O presidente da Asociación Costa da Morte GDR, Manuel Muíño Espasandín e José Manuel Casáis, presidente da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas (Carnota) asinaron onte un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”

Este proxecto, no que o GDR participa como socio, pretende impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas produccións demandadas polos mercados. Deste xeito, o GDR cederá diferentes tipo de sementes á cooperativa para a súa colleita.

As variedades cedidas son: pemento oimbra (5 gramos), pemento vilanova (2,9 gramos), pementos G. 10-117 (1,5 gramos), cebola de Betanzos (100 gramos), tomate avoa Osedo (2,5 gramos) e tomate da variedade Ourense (2,5 gramos). Rainha Lupa atendendo ás condicións deste proxecto de colaboración debe conservar entre un 1% e un 5% das plantas (no caso de que haxa producción), co obxectivo de que espiguen para obter sementes, que entregarán ao GDR para envialas de novo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo – A Coruña).

Ao longo do desenvolvemento do proxecto, levaranse a cabo varias visitas polo persoal técnico a cargo do proxecto para comprobar o desenvolvemento do mesmo. O GDR encargarase da coordinación das mesmas así coma da difusión dos cultivos desenvoltos polos productores a través da catas, xornadas gastronómicas, publicacións, visitas ao campo ou eventos de promoción agroalimentaria.

A asociación Costa da Morte GDR tamén fixo entrega á cooperativa da Guía Técnica de Cultivos hortícolas, que aportará aos productores os coñecementos técnicos precisos para o desenvolvemento da producción.

NUEVOS HORIZONTES

Neste proxecto participan ademáis do GDR Costa da Morte os grupos de desenvolvemento rural de Ordes, Mariña-Betanzos, EuroEume, Bergantiños, Costa Noroeste, Ancares-Courel, Terras de Lugo, Terras do Deza, O Salnés e Monteval-pola parte galega- e os de Navia-Porcia e Bajo Nalón pola parte asturiana.

Un dos problemas que se pretende atallar é o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos productos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rentas agrarias a través da diversificación.

Etiquetas: ,

%d bloggers like this: