Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, atópase en plena promoción de “Camiño de Sabores”, que pretende vincular o turismo á producción agroalimentaria.

Estes camiños de sabor permiten coñecer o proceso productivo agropecuario e degustar a cociña local. Para iso, dende a propia páxina web do proxecto, podedes acceder a toda unha serie de recursos en liña que vos axudarán a coñecer un pouco máis a fondo os tesouros gastronómicos de Galicia: rutas, receitas, productores, tendas…

“Camiños dos sabores de Galicia” intégrase dentro do proxecto Cantata 2, cofinanciado con fondos FEDER a través do Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico.

TURISMO DE GALICIA: AVALIACIÓN E RETOS

Noutro apartado de eventos, o próximo 28 de decembro terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a presentación de “Turismo de Galicia: avaliación e retos de futuro”. Ás 10.15 dará comezo a xornada coa benvida de Roberto Varela,  Conselleiro de Cultura e Turismo que exporá o estado de execución do Plan de Acción Turismo de Galicia 2010-2013. A continuación, o presidente executivo  de Exceltur  presentará os resultados do Monitur e Impactur 2010. A clausura correrá a cargo de Alberto Nuñez Feijoo, presidente da Xunta.

Despois deste inicio celebrarase unha mesa redonda sobre execución 2011 e liñas de actuación para o 2012. Nela intervirán Carmen Pardo, a secretaria xeral para o Turismo; a directora-xerente de Turgalicia, Carmen Pita; a directora-xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero e o director do Instituto de Estudos Turísticos, José Paz Gestoso. Ás 12.30 a secretaria xeral para o Turismo clausurará o acto.

As persoas interesadas en asistir a esta xornada deben confirmar a asistencia contactando con Turgalicia no teléfono 902 200 432 ou a través do correo electrónico cir.turgalicia@xunta.es.

Etiquetas: ,

A %d blogueros les gusta esto: