Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Non imos ter tempo de aburrirnos coa de actividades que teñen organizado os concellos do GDR Costa da Morte para estes días de Nadal. Aquí vos vai un resumo dalgunhas citas destacables para pasalo ben sós ou en familia.

Concello de Fisterra

Martes 27 de decembro: Saída á pista de xeo da Coruña. Poderán participar os rapaces e rapazas inscritos na Escola Municipal de Patinaxe.

Mércores, 28 de decembro: xogos de Nadal para o alumnado de 2º e 3º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria. A actividade realizarase no Polideportivo Municipal de 11.00 a 13.00 horas. É preciso inscribirse nas oficinas municipas de 10.00 a 12.00.

Xoves, 29: Xornada de Futbol Sala na que participarán os prebenxamíns, benxamíns e alevíns da Escola Municipal de Fútbol Sala. Ao remate haberá un partido entre os pais.

Concello de Zas

Os días 27, 28 e 29 de decembro terán lugar no Centro Sociocultural de Baio diversos obradoiros de Nadal en horario de 16.00 a 18.30 horas. Para inscibirse podedes chamar ao 981 718 056.

Concello de Carnota

Domingo 25: Papá Noel fará unha visita aos nenos e nenas do concello a partires das 18.30 horas. Tamén haberá un obradoiro de Nadal e unha chocolatada para pais e fillos no Viso.

Martes 27: ás 11.00 celebrarase un obradoiro de Nadal na Biblioteca Municipal

Mércores 28: a partires das 19.00 horas proxectarase unha película de Nadal no Salón de Actos do Concello.

Xoves 29: a partires das 19.00 h. proxectaranse dúas películas no CEIP do Pindo e na Casa do Mar de Lira.

Venres 30: A partires das 11.00 horas terá lugar na Biblioteca Municipal unha sesión dos venres lúdicos. A partires das 17.00 haberá un partido de futbol feminino entre o Carnota e o Fisober en Lamas de Castelo.

Concello de Vimianzo

Venres 23: visita de Papá Noel no Auditorio da Casa da Cultura. Haberá diferentes xogos e actividades. De 17.00 a 19.30 horas.

26,27,29 e 30 de Decembro: “Tardes de Nadal na Calsa da Cultura” Con talleres e obradoiros de decoración para nenos e nenas.

28 de Decmbro: xogos de mesa na casa da cultura. Dominó, parchis ou a oca xigante son algúns dos xogos cos que poderán desfrutar os pequenos.

31 de decembro: festa de fin de ano infantil con xogos e camanadas de fin de ano. A partires das 11.00 no Pavillón.

O concello tamén organizou varios obradoiros de decoración de Nadal. Podedes consultar aquí o programa completo.

Concello de Corcubión

Hoxe, 23 de decembro: obra de teatro as 6 da tarde co grupo “Os sete magnificos + 1″ coa obra ” DOUS PALLASOS EN APUROS” e ás 20:00 horas o poeta corcubiones Manuel Oliveira “Manolín” presentará o seu último poemario.

27 e 28 de decembro: Torneo de frontenis a partires das cinco da tarde na Pavillón Municipal.

29 de decembro: a partires das 17.00 horas, tamén no Pavillón terá lugar unha xornada multideportiva.

Concello de Muxía

23 de decembro: a partires das 18.00 horas Duende Sico representará o espectáculo “O axudante de Papá Noel” no Salón de Actos do Concello.

Concello de Mazaricos

Domingo 25: O baile dos maiores a partires das 8 da tarde na Casa da Cultura.

26, 27,28 e 29 de decembro:  proxeccións de varios filmes  ás 5 da tarde na Casa da Cultura.

Concello de Cee

27,28,29 e 30 de decembro: diferentes espectáculos para nenos e nenas que se celebrarán a partires das 18.00 horas no Salón de Actos do Concello. O prezo das entradas vai de 1.5 a 2.5 euros. Aquí podedes consultar as obras.

E dende aquí xa só queda…Desexarvos un Bo Nadal a todas e todos!

Etiquetas: ,

%d bloggers like this: