Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) acaba de abrir o prazo para a inscrición nun curso online gratuíto sobre “Producción de Sementes e Viveirismo na Agricultura Ecolóxica”. Este curso vai dirixido a persoas traballadoras de Pymes e Micropymes do sector e persoas traballadoras por conta propia dadas de alta.

Á hora da inscrición terase en conta a pertenza a determinados colectivos:

-Productores de sementes e viveiristas
-Traballadores da Industria Agroalimentaria
-Elaboradores, comercializadores e distribuidores de
alimentos ecolóxicos
-Técnicos do sector da industria agroalimentaria
-Mulleres e persoas maiores de 45 anos
-Traballadores ubicados en zonas sometidas a despoboamiento, en zonas rurais, en áreas protexidas e Reservas de Biosfera.
-Traballadores  vinculados ao medio ambiente.

Todas aquelas persoas interesadas teñen de prazo ata o 28 de febreiro para inscribirse. Para elo, deben rechear o seguinte formulario.

Este curso online, farase a través dunha plataforma e-learning moodle, e componse de seis temas cunha duración planificada para 30 horas, 5 por tema, durante catro semanas. O alumnado disporá de todos os textos do temario, así como foros, para debater co resto das persoas participantes e dúas titorías online de unha hora cos profesorado autor dos temas e titores de SEAE.

Proxecto Eco-eLabora

Este curso é unha acción do proxecto “Eco-eLabora: formación para la industria agroalimentaria ecológica” que executa a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad. Este programa  ofrece formación, asesoramento e intercambio de coñecementos entre persoas do eido da industria agroalimentaria ecolóxica e convencional, co obxectivos de motivar a este último grupo a mudar as súas empresas a un sistema máis respectuoso coa saúde e o medio ambiente. Este proxecto conta co financiamento do Fondo Social Europeo (FSE).

Para máis información:

agroecologia.net

Programa do Curso

-Máis cursos dentro deste proxecto

Etiquetas: , , , , ,

%d bloggers like this: