Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A asociación Costa da Morte GDR entregou  180 quilos de trigo á Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas (Carnota). Esta acción inclúese dentro do acordo de colaboración asinado polas dúas entidades o pasado 19 de decembro, que se enmarca dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes” do que é socio o GDR.

Tamén se fixo unha visita aos terreos nos que se sementaron as variedades que o GDR  entregou á cooperativa coa sinatura do acordo de colaboración.  As variedades cedidas nun primeiro momento foron: pemento de Vilanova, pemento G. 10-117, cebola de Betanzos, tomate avoa Osedo e tomate da variedade Ourense.

Rainha Lupa atendendo ás condicións deste proxecto de colaboración debe conservar entre un 1% e un 5% das plantas (no caso de que haxa producción), co obxectivo de que espiguen para obter sementes, que entregarán ao GDR para envialas de novo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo – A Coruña).

O GDR encargase da coordinación das visitas técnicas aos terreos para comprobar o óptimo desenvolvemento do proxecto ao mesmo tempo que fará difusión dos cultivos desenvoltos polos productores a través da catas, xornadas gastronómicas, publicacións, visitas ao campo ou eventos de promoción agroalimentaria.

 “Nuevos Horizontes”

Este proxecto, no que o GDR participa como socio, pretende impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas produccións demandadas polos mercados. Deste xeito, o GDR cederá diferentes tipos de sementes á cooperativa para a súa colleita.

Neste proxecto participan ademais do GDR Costa da Morte os grupos de desenvolvemento rural de Ordes, Mariña-Betanzos, EuroEume, Bergantiños, Costa Noroeste, Ancares-Courel, Terras de Lugo, Terras do Deza, O Salnés e Monteval-pola parte galega- e os de Navia-Porcia e Bajo Nalón pola parte asturiana.

Un dos problemas que se pretende atallar é o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos productos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rentas agrarias a través da diversificación.

Para máis información

Blogue do proxecto “Nuevos Horizontes”

Etiquetas: , ,

%d bloggers like this: