Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Hoxe os municipios da Costa da Morte reciben a chegada dos Reis Magos. Nalgúns concellos foron madrugadores e comezaron o seu percorrido pola mañá, noutros, teñen prevista a súa chegada pola tarde. De tódolos xeitos, non vai haber neno nin nena que se quede sen caramelos.

Zas

Os Reis Magos pasarán sobre as 18.00 horas polo concello. Tamén haberá unha actuación de Roi o Cagabolos a partires das 19.30 horas no Centro Sociocultural de Zas. Completando a axenda de actividades desta fin de semana, o domingo, os afeccionados ao teatro tedes unha cita en Baio. A compañía Badius Teatro representará ás 18.00 horas a súa obra “Bancagare nº 13” no Salón de Actos do Pavillón.

Vimianzo

A cabalgata comezou percorrendo as parroquias ás 10.45 e continuará ata as 20.00 h. coa chegada dosReis Magos á Casa da Cultura do concello. Neste enlace podedes consultar o percorrido e horarios previstos.

Muxía

A partires das 17.30 h. comezará a xornada de xogos no Polideportivo, mentras os pequenos agardan a chegada dos Reis, que será sobre as 19.30 h., tras facer o percorrido das parroquias. A axenda festiva do concello inclúe a actuación da Coral Polifónica “Virxe da Barca” o sábado ás 19.30 horas no Salón do Voluntariado. A Coral cantará panxoliñas e as cancións do seu disco.

Fisterra

Pola mañá, a cabalgata percorrerá as parroquias. Ás 16.30 pasará por Sardiñeiro e a continuación haberá un desfile pola vila con espectáculos de animación. A recepción será no Pavillón Municipal, onde os pequenos poderán desfrutar de talleres, xogos e inchables.

Cee

Os Reis Magos farán unha visita ao Hospital Virxe da Xunqueira ás 15.45 e á Gardería Municipal ás 16.30 h. A partires das 17.00, a cabalgata percorrerá as rúas de Cee ata a Praza da Constitución, lugar elixido para a recepción.

Carnota

De 17.00 a 20.00 h. haberá unha gran festa de Nadal cos Reis no Pavillón Lamas de Castelo e unha chocolatada na Igrexa do Pindo.

Mazaricos

Ás 4 da tarde os Reis estarán no Auditorio da Casa da Cultura con regalos para todos e todas. Haberá un espectáculo de humor e malabares e unha chocolatada.

 

Etiquetas: , ,

A %d blogueros les gusta esto: