Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Son numerosos os artigos  que recollen unha nova modalidade de turismo que comeza a despuntar: o astroturismo. Moitos emprendedores están apostando pola astronomía como un atractivo engadido para o turismo rural, xa que nas zonas con menos densidade poboacional, a ausencia de contaminación lumínica permite unha mellor observación das estrelas.

Hoteis e casas rurais de algúns pobos de España xa comezan a incorporar a astronomía dentro dos seus paquetes turísticos. Un exemplo é o de “Cielos de Extremadura”, unha iniciativa desenvolvida por David Cerro e outros tres emprendedores que traballan na formación en astronomía e no turismo asociado á observación das estrelas. Entre o seu paquete de actividades ofértanse rutas turísticas e fins de semana astronómicos así como  formación a persoas que traballan nos aloxamentos rurais, para que poidan realizar eles mesmos as actividades nos seus negocios.

Nas Illas Canarias tamén veñen explotando este atractivo turístico. “Astrotur” é unha empresa creada xa fai uns anos, que aproveita a súa boa localización (a illa de Palma, un dos recunchos máis escuros de España, onde mesmo hai unha lei integral que regula a contaminación lumínica) para levar a cabo as súas actividades.

Atendendo a estas novas oportunidades, véñense realizando toda unha serie de seminarios e cursos encamiñados a formar a todas aquelas persoas interesadas nesta modalidade turística. Un exemplo foi o 3º Seminario de Astroturismo de La Palma, que se celebrou en novembro do ano pasado, organizado por ADER LA PALMA e a Consellería de Turismo do Cabildo Insular.

Para máis información:

-Artigo EFEAGRO

-Artigo 20 Minutos

Etiquetas:

%d bloggers like this: