Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Fundación Biodiversidad ven de abrir o prazo de presentación de proxectos ao Programa empleaverde deste ano. Tanto entidades públicas como privadas teñen ata o 31 de marzo para presentar as súas propostas para a realización de actividades encamiñadas á mellora de emprego e do medio ambiente.

Que tipo de proxectos?

Os proxectos a presentar deben estar relacionados coa formación en beneficio dos traballadores, as empresas e o medio ambiente. As accións e actividades incluídas son moi variadas: cursos de formación; plataforma e-learning; xornadas, seminarios e congresos; premios e concursos; campañas de  sensibilización; diagnósticos; estudos; metodoloxías; guías; material informativo e divulgativo (publicacións,folletos, vídeos, pósteres, etc.); asesoramento personalizado (telefónico, on-line,presencial, itinerante); redes ou calquera outra acción semellante. O presuposto total de cada proxecto oscila entre 50.000 e 300.000 euros e reciben un co-financiamento do FSE do 80% ou 50% segundo a rexión na que se desenvolvan.

O Programa empleaverde marcouse como metas para o período 2007-2013 apoiar máis de 50.000 persoas e fomentar a creación de 1.000 empresas en sectores vinculados ao medio. Para iso conta cunha dotación de 44,1 millóns de euros.

Que son os empregos verdes?

A través de empleaverde preténdese fomentar a creación e promoción dos empregos verdes, que son os que reducen o impacto ambiental das empresas e os sectores económicos ata acadar niveis sostibles. Inclúense empregos que contribúen a:

  • Reducir o consumo de enerxía, materias primas e auga mediante estratexias de grande eficiencia
  • Descarbonizar a economía e a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Evitar ou minimizar a xeración de residuos e de contaminación
  • Protexer e restablecer os ecosistemas e a biodiversidade
  • Os empregos verdes deben ser traballo digno.

Todas as persoas interesadas poden consultar este enlace que contén toda a documentación precisa para a presentación de proxectos, así como un folleto con máis información sobre o programa.

Etiquetas: , ,

A %d blogueros les gusta esto: