Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Consellería do Medio Rural ven de publicar no DOG as bases reguladoras  das axudas para o fomento da silvicultura en montes do medio rural. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindiero 6 de febreiro.

Quen se pode beneficiar das axudas?

Poden solicitar axudas os propietarios particulares, asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e comunidades de Montes Veciñais en Man Común (MVMC) en áreas fóra de consorcio.

Condicións e requisitos para a solicitude

Neste enlace podedes atopar a orde do 27 de Decembro, que inclúe información sobre as liñas de axudas e importes de investimento, superficies de actuación, compromisos e tramitación.

O obxectivo fundamental das axudas á silvicultura é reducir o risco de incendios ao eliminar combustible vexetal e maleza; mellorar a produción de madeiras de calidade e consolidar aproveitamentos forestais complementarios así como crear emprego e riqueza no medio rural a través desta actividade.

Etiquetas: , ,

%d bloggers like this: