Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Xa podedes descargar o novo número do boletín informativo do proxecto de Cooperación Interterritorial Nuevos Horizontes.

Este mes, a publicación recolle a recente adhesión do GDR Costa da Morte a este proxecto, que ten como principal finalidade  impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas produccións demandadas polos mercados.

Ao abeiro deste proxecto, o GDR Costa da Morte ven de asinar un convenio de colaboración coa Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas (Carnota), polo que lle cede diferentes variedades de sementes locais. Do mesmo xeito este mes de xaneiro, fíxoselle entrega a Rainha Lupa de 180 quilos de trigo.

Descargar Boletín Informativo nº 5 “Nuevos Horizontes”

Para máis información:

Blogue do proxecto

%d bloggers like this: