Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Onte comezou a nova campaña de promoción “Galega 100%”, o selo que avala a identificación do leite galego de calidade diferenciada, unha iniciativa impulsada pola Xunta e xestionada polo Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal). Galega 100% é unha aposta  pola promoción do leite de calidade producido e envasado en Galicia. Leyma, Feiraco, Larsa, Deleite e Gadis son as marcas comerciais que participan nesta campaña de promoción  avalando o seu leite con este selo.

Con esta campaña os consumidores terán a oportunidade de obter nos supermercados Gadis entre os días 30 de xaneiro e 2 de febreiro, un brik de Feiraco, Larsa, Deleite ou Leyma, para comprobar a calidade de Galega 100 %. Para participar terán que recortar un cupón que se publicará o vindeiro sábado, día 28 de xaneiro, nun anuncio inserido nas principais cabeceiras da prensa escrita galega.

Esta campaña ponse en marcha cando está a piques de cumprirse un ano da saída ao mercado deste selo, que chegaba aos mercados o 7 de febreiro de 2011 como a única identificación que avala o leite galego de calidade diferenciada.

Etiquetas: ,

A %d blogueros les gusta esto: