Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Este ano 2012 foi declarado, na 64ª reunión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Ano Internacional do Cooperativismo, un recoñecemento que pon de manifesto a importancia do movemento cooperativo nun contexto de crise como é o actual.

O cooperativismo ofrece unha alternativa de negocio máis xusta e democrática e dalle a oportunidade ás persoas de menos recursos de ter unha empresa xunto con outras persoas, poñendo en valor principios como o desenvolvemento integral das persoas e a participación nos procesos socioeconómicos da sociedade na que vivimos.

Axudas e Subvencións ao Cooperativismo

A Xunta ven de publicar no DOG a “orde do 31 de decembro de 2011 pola que se procede á convocatoria de axudas dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo para o ano 2012”.

Estas axudas pretenden promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar este tipo de empresas mellorando a súa competitividade e promocionando o cooperativismo.

A promoción do cooperativismo realizarase a través de 5 programas:

-Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.

-Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.

-Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.

-Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.

-Actividades de promoción do cooperativismo.

O orzamento total para o financiamento dos programas é de 2.771.000 euros. As persoas interesadas teñen ata o 20 de febreiro para presentar as solicitudes de axudas.

Para máis información e solicitudes:

Convocatoria das axudas

Bases reguladoras dos programas

-Solicitude

Etiquetas: ,

%d bloggers like this: