Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Concellería de Medio Rural do Concello de Vimianzo organiza unhas Xornadas Técnicas Agro-Gandeiras para os días 9, 16 e 23 de febreiro e 5 de marzo. Estas xornadas realizaranse na Casa da Cultura de 11.30 a 13.30 e contarán coa presenza de profesionais da veterinaria e técnicos que ofrecerán ponencias sobre temas de intereses para todas aquelas persoas adicadas á gandaría. O acceso ás xornadas é gratuíto e non é preciso inscribirse previamente.

A primeira das xornadas terá lugar o vindeiro xoves, 9 de febreiro e centrarase na “Xestión económica e custes de producción das explotacións agrogandeiras”. Xesús Otero Antelo, técnico da Cooperativa Agraria Provincial será o encargado de ofrecer claves de utilidade para as persoas que teñen xa unha explotación ou están pensando en montar unha.

A segunda das ponencias  contará coa presenza de Xavier López Vila, veterinario de SERAGRO, que falará sobre a alimentación do gando. O 23 de febreiro Albino Iglesias Varela, veterinario de AGROSONEIRA, ofrecerá claves sobre a reproducción animal e, para rematar as xornadas, Xabier Bermúdez Salgueiro, veterinario de SERIVET SL. centrará a ponencia do 5 de marzo na “mamite e a calidade do leite”.

Programa

Etiquetas: ,

%d bloggers like this: