3 Febreiro, 2012 Presentación do libro “Ruta a pé pola Costa da Morte”
O vindeiro martes, día 7, ás 19.00 horas terá lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota a presentación do libro Ruta a pé pola Costa da Morte. A obra recolle a ruta que vai dende Malpica ata Muros, bordeando a pé todo o litoral da Costa da Morte.
Ao acto asistirán os alcaldes de Dumbría, José Manuel Pequeño; Carnota, Ramón Noceda; e a alcaldesa de Muros, Caridad González. Tamén estarán apoiando o acto o presidente da Asociación Neria, Ramón Vigo, un técnico da mesma asociación e Xan García Pouso.
- Deixar un comentario
- Posted under Eventos, Uncategorized
Deixar unha resposta