Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Vigo acollerá un ano máis o IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, que se celebrará os día 21, 22 e 23 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

O obxectivo deste congreso anual é a creación dun espazo idóneo para discutir e aprender das experiencias agroecolóxicas innovadoras que se están a desenvolver en Galicia, no Estado e no Mundo. A posta en marcha destas experiencias innovadoras é unha tarefa colectiva na que participan políticos, científicos, agricultores, consumidores e asociacións. Deste xeito, dende a organización convócase á participación dos axentes sociais implicados, para definir as problemáticas existentes e entre todas e todos propor alternativas para afondar na sustentabilidade do medio rural e na súa dinamización.

O Congreso está estructurado en tres áreas temáticas:

-Dimensión técnico-productiva

-Dimensión política

-Dimensión Sociocultural

Para máis información sobre datas e forma de inscrición, temáticas a abordar e taxas, tan só debedes clicar no seguinte enlace:

Web Grupo de investigación: Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (gieea)

Etiquetas:

A %d blogueros les gusta esto: