Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Este sábado, 11 de febreiro, os larpeiros e larpeiras temos unha cita no Pavillón Municipal do Concello de Camariñas, onde se celebrará a Festa do Cocido. Para ir abrindo o apetito, a partires das nove e media da noite, repartiranse pinchos para todas as persoas asistentes.

Despois deste pequeno entrante, servirase o cocido-lacón, acompañado de viño e pan. De sobremesa haberá doces típicos de entroido e café con chupitos para ir quentando o corpo para a longa noite de baile e música que teñen preparado os socios e socias da Comisión de Festas do Carmen. A Orquestra Atenas e unha Discoteca Móbil aseguraranse de que a festa continúe ata altas horas da madrugada.

O prezo da comida é de 22 euros e todas as persoas interesadas en asistir poden chamar aos número 639 40 49 03 e 600 87 24 63.

Etiquetas:

%d bloggers like this: