Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


A Federación Española de Municipios e Provincias ven de publicar un manual sobre emprego verde, que sen lugar a dúbidas constitúe un manual imprescindible para todas aquelas persoas emprendedoras que buscan alternativas de negocio e novos xacementos de emprego.

A “Guía para o Fomento do Emprego Verde nos Pequenos Municipios Españois”  inclúe unha completa definición sobre o emprego verde, todos aqueles traballos vinculados á economía verde, é dicir, aqueles “que reducen o impacto ambiental das empresas e os sectores económicos ata acadar niveis sostibles” .

Ademais tamén se inclúe unha pormenorizada análise de aquelas actividades relacionadas co emprego verde que xa se están desenvolvendo nalgúns pequenos municipios españois.

A guía complétase co marco legal e competencial das actividades da economía verde, xacementos de emprego, proxectos potenciais atendendo á tipoloxía dos municipios, análise financeiro e un apartado adicado ás boas prácticas que poden desenvolver os gobernos locais para fomentar este tipo de emprego, entre outros moitos temas abordados no manual.

Xa podedes descargar o documento no seguinte enlace:

Guía emprego verde FEMP

Etiquetas: , ,

A %d blogueros les gusta esto: