Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O Consello de Ministros aprobou o pasado venres un Real Decreto que modifica a normativa vixente de caracterización e rexistro da maquinaria agrícola. Deste xeito pretenden actualizar a potencia de inscrición dos tractores e facilitar a creación dun censo de equipos de tratamento e fertilizadoras.

O Real Decreto establece que a potencia coa que se deben inscribir os tractores que dispoñan do “xestor de potencia”-un novo sistema electrónico que permite incrementar a potencia en situacións especiais- é a medida no motor sen que este xestor estea activado.

Con esta nova normativa, preténdese homoxeneizar e unificar os criterios para determinar a potencia coa que se inscriben os tractores nos Rexistros Oficiais de Maquinaria Agrícola (ROMA) das Comunidades Autónomas.

Tamén se prorroga o período para inscribir nos rexistros de maquinaria as fertilizadoras e os equipos de aplicación de productos fitosanitarios.

Fonte:
Nota de prensa do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Etiquetas: , ,

A %d blogueros les gusta esto: