Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Entre os días 2 e 4 de marzo celebrarase en Valencia BioCultura, a feira de productos ecolóxicos máis importantes do estado español, que volve este ano coa súa terceira edición.

A BioCultura achéganse as persoas que se adican de xeito profesional ao sector dos productos ecolóxicos, ou aquelas persoas que queren coñecer un pouco máis desta actividade, que se basea nos productos respectuosos coa vida. A feira é un punto de encontro no que se facilita o contacto entre todos os axentes adicados ao sector e tamén un espazo onde se realizan transaccións comerciais de xeito sinxelo.

Para as empresas é un escaparate perfecto para darse a coñecer e para os profesionais da cociña, tendeiros, importadores ou exportadores, entre outros, un lugar onde seguro atoparán respostas e propostas ás súas inquedanzas e necesidades.

Máis consumo ecolóxico!

BioCultura tamén pretende converterse nun impulsor do consumo de productos ecolóxicos no país: España é un dos grandes productores de alimentos ecolóxicos, pero á cola no que a consumo ecolóxico se refire. Ademais da actividade comercial, a feira inclúe preto de 150 actividades. A maioría delas están enfocadas á difusión de información libre e independente que outorgue as claves para un consumo responsable e a configuración dunha conciencia crítica.

Garantías e calidade da oferta

Un equipo formado por técnicos especializados e profesionais de todos os sectores avalían durante o ano que se cumpran os requisitos de calidade esixidos. Os productos tan só poden ser biolóxicos, certificados polos organismos oficialmente recoñecidos, tanto en España como no resto de Europa, ao amparo do regulamento comunitario 834/2007.

A Asociación Vida Sana é a organizadora de BioCultura. Esta asociación leva dende 1974  impulsando en España o movemento da cultura biolóxica. A autofinanciación é a base da independencia que caracteriza a Vida Sana e, por tanto, tamén, a BioCultura.

BioCultura en cifras
 Para este ano prevese que a feira conte con un total de 450 expositores e unha afluencia de público que ronda as 50.000 persoas. En canto ás previsións de participación por sectores, dende a organización apuntan as seguintes porcentaxes:

-Agricultura e alimentación biolóxica, 30% (cerca de 10.000 productos certificados)
-Terapias complementarias, 20%
-Cosméticos, 10%
-Ecoloxía, medio ambiente, reciclaxe… 10%
-Música e publicacións, 8%
-Bioconstrucción e enerxías renovables, 7%
-Roupa, calzado e complementos, 7%
-Artesanías, 5%
-Turismo Rural, 3%

Para obter máis información sobre os requisitos e pasos para expoñer en BioCultura ou solicitar os programas de actividades: 
Clot, 39, 3º, 2ª
08018 Barcelona
Tel:  + 935 800 818
Fax: + 935 801 120
Email: biocultura@vidasana.org
Email prensa: redaccion@vidasana.org
Web: http://www.biocultura.org / http://www.vidasana.org

Etiquetas: , , ,

%d bloggers like this: