Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


Profesionais da gastronomía, empresas do sector agroalimentario e larpeiros e larpeiras en xeral teñen os vindeiros días 26, 27 e 28 de febreiro unha cita inescusable no Fórum Gastronómico Santiago 2012, que se celebrará no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Esta feira gastronómica internacional realízase por terceira vez na capital galega (a organización alterna as cidades de Xirona e Santiago) e ofrecerá unha ampla variedade de actividades e exposicións adicadas á promoción da gastronomía e dos productos galegos. Para iso, contarase coa presenza dos máis importantes profesionais da cociña do panorama actual.

O domingo, a xornada está especialmente dirixida a gourmets e amantes da gastronomía que poderán asistir a talleres e aulas gastronómicos con degustación incluída. O luns e martes as xornadas diríxense principalmente a profesionais, que tamén poderán participar en talleres e asistir a fórums sobre viños e doces, entre outras actividades.

O horario é de 10.00 a 20.00 horas os tres días. Para consultar prezos, programa completo e realizar a inscrición, podedes visitar a páxina web do fórum.

Etiquetas:

%d bloggers like this: