Skip to content

Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte

O blogue da asociación GDR Costa da Morte


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado venres, 24 de febreiro, a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de productores e productoras para a realización de actividades de promoción e información de productos agroalimentarios de calidade diferenciada.

Estas axudas, enmarcadas no Programa de Desenvolvemento Rural para Galicia 2007-2013 e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), teñen como finalidade financiar accións de información e promoción dirixidas a animar aos consumidores e consumidoras a adquirir productos incluídos neste marco de calidade diferenciada.

Deste xeito, as axudas subvencionarán campañas publicitarias en medios de comunicación; feiras; exposicións; outras accións de divulgación e estudos, tanto de mercado, relacionados coas campañas de promoción ou ben do impacto destas sobre os consumidores e consumidoras.

A quen se dirixen?

Ás asociacións de productores agroalimentarios que participan en programas de calidade diferenciada: denominacións de orixe, indicacións xeográficas, especialidades tradicionais garantidas e produción ecolóxica. Teñen a condición de agrupacións de productores tanto os consellos reguladores dos distintos productos con distintivo de calidade como as asociacións sen ánimo de lucro que participen en ditos programas de calidade diferenciada. As axudas poderán chegar a cubrir ata o 70% do gasto.

O orzamento prevista para a anualidade 2012 achégase aos 2 millóns de euros, estando previstos 600.000 máis para o 2013.

Para máis información:

ORDE no DOG

 

Etiquetas: , , ,

%d bloggers like this: