6 Marzo, 2012 IV Encontro da Rede Galega de Sementes
O vindeiro sábado, 17 de marzo, a partires das 11.00 horas comezará o IV Encontro da Rede Galega de Sementes na Praza 8 de Marzo (A Porta do Camiño) en Santiago de Compostela.
Ao longo da xornada, as persoas asistentes poderán intercambiar sementes, asistir a obradoiros de sementeira ecolóxica empregando compost, coloquios, un video-forum sobre Monsanto-empresa de sementes tranxénicas e herbicidas- e moitas actividades máis.
Dende aquí, animámosvos a participar nesta iniciativa, que a Rede Galega de Sementes ven desenvolvendo dende outubro de 2010, ano no que se celebrou o seu primeiro encontro. Dende os seus inicios, o colectivo ven loitando pola recuperación da biodiversidade agrícola, facilitando e promovendo o uso, producción e mantemento das sementes locais.
Blogue da Rede
Etiquetas: Encontro, intercambio sementes, Rede Galega de Sementes
Deixar unha resposta